Marmorería Tafir. Ir a Principal
  Tafir Marmol
      Inicio       Empresa       Servizos       Localización       Contacto
Galego Galego
Castellano Castellano
Baño de Mármol

PÍDENOS MÁIS INFORMACIÓN

Mármores Tafir. Mármores de primeira calidade na Galiza.

Mármores Tafir é unha empresa especializada en produtos e servizos vencellados co mármore e o granito, que dende fai máis de 30 anos vén desenvolvendo a súa actividade na Galiza, brindando solucións construtivas e de canteiría a distintas empresas e particulares.

Fundada por D. Francisco Tabeada Míguez, e rexentada hoxe en día polo seu fillo Manuel Tabeada Fírvida, Mármores Tafir conta con especialistas en Decoración de Interiores, Construción en Mármore e Granito, Arte Funeraria e outras actividades de Canteiría que poñen todo o seu empeño en brindar aos nosos clientes o mellor servizo do mercado.

Os nosos servizos de Mármores e Granitos na Galiza contan, ademais, coa vantaxe que supón a excelencia dos materiais cos que Mármores Tafir traballa, e que van desde os mármores e granitos nacionais (pizarras, cuarzitas, areniscas...) ata os de importación, pasando por unha grande variedade de sintéticos (Compaq, Silestone, Privilege...) que nos permiten ofrecer a máxima calidade e uns excelentes acabados nos nosos traballos.
  Contacto Aviso Legal
Acceso Privado